Pole

Combinación de pole de diferentes plantas, secrecións das abellas e néctar

O pole de abella é unha combinación de pole de diferentes plantas, secrecións das abellas e néctar. Está considerado un tesouro nutricional debido aos seus compoñentes activos que teñen importantes propiedades medicinais e para a saúde.

Contén compoñentes bioactivos incluíndo proteínas, aminoácidos, lípidos, carbohidratos, minerais, vitaminas e polifenois, que melloran diferentes funcións corporais e ofrecen protección contra moitas enfermidades. 

Estudos científicos avalan a súa efectividade  previndo o dano cardíaco, mellorando a dixestión e absorción dos alimentos e axudando no control da diabetes, con propiedades antioxidantes que reducen a inflamación.

As colonias de abellas recollen o pole dun gran número de especies de plantas en flor, para conseguir o rango de proteínas e vitaminas que elas precisan. O resultado é un pole multicolor segundo as plantas que recollen. Para o consumo humano está considerado que o pole con diferentes cores é mellor que se ten cor uniforme.

O uso médico do pole na saúde publica está documentado por primeira vez nos xeroglíficos da cultura exipcia e mais tarde aparece en textos árabes e xudeus. 

Maimónides (1135-1204) recomendaba o seu uso como adstrinxente e Ibn el Beithar, un boticario, botánico e ensaísta, describiu o seu uso como afrodisíaco a comezos do século XIII, ao tempo que destacaba os seus beneficios para o sistema dixestivo e o corazón.

O pole do espírito da colmea recóllese na época da floración do castiñeiro, cando as colmeas teñen excedente deste produto e así non influír negativamente na supervivencia das colonias. Por iso a nosa produción de pole non é masiva, senón que  cada tempada cambia a cantidade que recollemos tendo en conta as características climáticas dese ano para preservar a saúde dos nosos apiarios.

O pole do espírito está composto maioritariamente de silva de cor grisaceo (Rubus ulmifolius), castiñeiro de cor amarelo vibrante (Castanea sativa), borraxe de cor azul (Borago officinalis) e outras flores silvestres que completan as gamas de amarelo.

Secámolo a temperaturas baixas para garantir o mantemento das súas propiedades, sen aditivos e cun proceso de manipulación mínimo para garantir que  chegue ao consumidor cunha gran pureza.