Mel monofloral de castiñeiro

Mel monofloral de castiñeiro cultivado na Ulloa

O mel monofloral de castiñeiro varía nos seus matices de sabor segundo a climatoloxía do ano de colleita. O seu aroma floral con compoñentes a madeira seca  acompaña o sabor doce con notas amargas, máis ou menos presentes segundo a abundancia da floración das ericáceas nese ano.  

Na esmelga escóllense os panais con maior contido de castiñeiro e, despois de deixar un tempo de decantación, realízase no laboratorio unha proba de análise polínica que certificará que o contido de pole de castiñeiro na mostra analizada é maior do 70 %.