As abellas e nós


A orixe das abellas foi unha fonte de fascinación para moitas culturas antigas. Na mitoloxía grega, o deus Aristeo, fillo de Apolo, foi ensinado polas ninfas da deusa Gea a domesticar e manter as abellas en colmeas, polo que está considerado como o primeiro coidador de abellas na historia, o seu gardián.

 Pero podemos viaxar máis aló no tempo. A nosa relación ca abella melífera remóntase aos incios da historia humana. Na arte rupestre prehistórico realizado polos San (Bosquimanos) do sur de África, temos un exemplo de representacións con imáxes de abellas e dos seus niños, o que suxire que tiñan unha importancia especial na Idade de pedra. De feito, a abella é parte do mito da creación dos San: na que se conta que unha abella esgotada despois de levar unha mantis a través do río e deixala nunha flor flotante morre, pero antes planta unha semente no corpo da mantis da que nace o primeiro humano.

Nas civilizacións do antigo Exipto  temos constancia da importancia das abellas domesticadas. Nesta época adquiren un significado místico, aparecendo como insecto sagrado en xeroglíficos nas tumbas, onde  actuaba coma unha ponte entre o mundo natural e o inframundo. As abellas simbolizaron para moitas culturas a alma que voa lonxe do corpo como en Siberia, Asia central ou tamén Sudamérica.

As cualidades das abellas e a súa comunidade na colmea ofreceron unha fonte de inspiración dende a antigüedade. Igual que o mel, as abellas asócianse coa elocuencia e a palabra falada ou escrita. Segundo a lenda, algunhas abellas pousáronse nos beizos de Platón cando era un cativo, o que indicaba o súa futura brillantez cas palabras. Tamén na India atopamos referencias deste tipo, nos que a abella representa o espírito intoxicado co “pole do coñecemento”.

Esta pequena viaxe polo pasado da historia da humanidade non é mais que un exemplo da importancia que tivo para nós este insecto. Pero elas existían moito antes ca humanidade. Existen datacións da existencia das abellas hai 150 millóns de anos, incluso sobreviron á extinción do xurásico hai 80 millóns de anos. As abellas especializáronse na polinización e hoxe en día calcúlase que un tercio da produción dos alimentos depende da súa labor.

Hoxe en día os cambios do uso dos terreos agrícolas, os monocultivos, o uso masivo de pesticidas e químicos, a contaminación da auga ou a súa escaseza, e por suposto, o cambio climático, comprometen a súa supervivencia. Non podemos asegurar que desaparecerán porque se sobreviviron a unha extinción: ¿porqué non o van volver facer ainda que as condicións climáticas e ambientais que estamos creando sexan a súa trampa mortal?

Quizais teríamos que pensar nelas coma un aviso casi divino, referenciando a súa simboloxía antiga, unha ponte entre o medio natural e o que pode ser o noso inframundo, uns excelentes bioindicadores da calidade do medio natural que compartimos e coidadoras ao fin da nosa supervivencia coma especie.