Apicultore por un día
Queres vivir unha experiencia diferente na natureza? Atrévete a ser apiculture por un día. Acompañareite nunha viaxe ao interior dunha colmea para que coñezas de cerca como se organizan as abellas.
Unha experiencia única que che axudará a entender mellor porque as abellas son fundamentais para os seres humanos. Onde entenderás a súa complexa estrutura social e aprenderás cómo as abellas axudan a soster a vida. Despois de vestir o traxe especial de apicultura, rodearémonos de centos de abellas. Poderás mirar, tocar e escoitar as abellas e contareiche cómo descifrar o seu comportamento

QUE INCLÚE
Durante 2 horas, visitaremos unha carballeira centenaria custodiada pola asociación Quercus sonora onde están as colmeas de exploración. Despois de elexir a talla adecuada de traxe, faremos unha introducción teórica para entender o que nos atoparemos nas colmeas: anatomía, etapas de desenvolvimento, diferentes castes, baile do meneo e de qué ,maneira as abellas interactúan cos seres vivos que habitan o bosque. E por fin sumerxiremonos no interior dunha colmea cas ferramentas de apicultura na man onde colleremos cadros de abellas para observalas de cerca e con sorte atopar a raíña. Despois do encontro cas abellas, faremos unha cata dos dous tipos de mel e doutros produtos do espirito da colmea.
A actividade poderase realizar nos meses de maio a agosto, adaptándonos ao ritmo das abellas. Podes consultar dispoñiblidade de datas no calendario. A reserva solo é válida para o día e hora escollidos e ten un prezo de 25€.
Interésache traer a un grupo de escolares?
Nesta actividade para escolares unimos o mundo das abellas co ecosistema que habitan e a sensibilización da protección medioambiental. Co obxectivo de comprender cómo interactúan os diferentes seres vivos do bosque que habitan as abellas e cómo inflúen nas nosas vidas. Adaptaremos o contido ás diferentes idades mediante unha metodoloxía participativa e experiencial no bosque para ao final viaxar ao interior dunha colmea. Esta actividade é ideal para escolares de primaria.
Se queres saber máis escríbenos o correo oespiritodacolmea@gmail.com e enviaremosche a ficha da actividade con toda a información. Tamén podes consultar máis información das visitas xa realizadas no blog da colmea.
información de utilidade
Recomendacións
- Actividade non apta para personas con mobilidade reducida nin menores de 5 años. Nin para personas alérxicas ás abellas.
- A visita inclúe o traxe de apicultore que se devolverá ao finalizar a actividade, aconsellamos un calzado que cubra o nocello.Non usar perfumes nin aerosoles antes da visita.
- Recoller o pelo largo cunha goma para que non moleste unha vez nos poñamos a careta do traxe
- Nos meses de xullo e agosto a actividade realizarase as 10:00 polas temperaturas estivais. Nos buzos de apicultura pásase calor, recomendamos que traiades auga para hidratarse antes e despois da visita.
- Por razóns de seguridade, non se permiten mascotas na entrada das colmeas, pero sí poderan acceder ao resto da actividade. Cando entremos as colmeas pedirásevos que as atedes no bosque onde permanecerá ata a saida das colmeas.
- Por favor intenta chegar 15 minutos antes da hora de inicio da experiencia. Ao chegar pedirasevos que asinedes un formulario de exención de responsabilidade, estará rodeado de abellas vivas e pode existir a posibilidade de picaduras.
Cancelacións
- A cancelación de reserva nas 48 horas previas comportará a pérdida do importe total da reserva.
- A actividade esta suxeita a cambios ou cancelacións según pronóstico do tempo, neste caso propoñeranse o día anterior outras datas e senón e posible farase o reintegro total do prezo..
