Amadriña unha colmea

No noso espírito está a protección das abellas, a defensa do territorio e a súa biodiversidade, por iso propoñemos un programa de fidelización para amadriñar unha colmea. Desta forma podes axudar a súa supervivencia e contribuír os gastos de mantemento que require o seu coidado. 

Nas últimas décadas as poboacións de abellas están diminuíndo ante os nosos ollos. A perda de biodiversidade está intimamente ligada á presión sobre as súas poboacións. O cambio climático, a contaminación, os usos de agroquímicos, os monocultivos na silvicultura e na agricultura intensiva e a expansión da especie exótica invasora vespa velutina están dificultando a súa supervivencia.

Isto é preocupante, xa que as abellas, os maiores polinizadores, son un factor principal na produción do 60 % dos cultivos e o sostemento da agricultura o que significa que as nosas fontes de alimentos están en perigo.

Co cambio climático a expansión de enfermidades das abellas multiplícase, os seus ciclos altéranse e as abellas parecen ás veces desconcertadas ante as flutuacións climáticas. Elas, as abellas, as mellores preditoras do tempo parecen estar desconectadas e non dar co equilibrio entre os seus ciclos e os cambios estacionais.

Nós, que respectamos os seus ritmos biolóxicos, ano tras ano observamos que moitas non son capaces de sacar producións de mel mais alá do que lles é estritamente necesario para a súa supervivencia e en moitos casos non chegan aos mínimos, polo que precisan o soporte do mel que producen outras colmeas do espírito. Outras veces non poden manter unha poboación axeitada para pasalo inverno e axudámoslle reducindo as colmeas a espazos mais reducidos.

Se es unha persoa amante da natureza, das abellas e dos seus produtos convidámoste a que participes no programa de fidelización que é un garante da súa supervivencia e da sustentabilidade deste proxecto.

Neste programa existen tres tipos de modalidade nos que ademais de contribuír co espírito tamén terás diferentes beneficios.

foto:Brais Lorenzo

Quero amadriñar unha colmea!

  • Coida unha colmea.
  • Recibe tarros e mel
  • Coñece as túas abellas.