
No corazón de Galicia, na Ulloa, é onde se desenvolve o espírito deste proxecto rural respectuoso co medio ambiente. Poñemos todo o noso bo facer para protexer a natureza e a sustentabilidade.

Coa axuda das nosas pequenas compañeiras, as abellas, producimos produtos apícolas alimentarios de calidade. Cada día, as abellas ensínannos a baixar o ritmo e a acomodarnos sempre o seu traballo, elas son as que marcan os tempos.
O mel do espírito
As variedades do Espírito da colmea están elaboradas con mel 100 % da Ulloa seguindo métodos artesanais.

Amadriña unha colmea. No noso espírito está a protección das abellas, a defensa do territorio e a súa biodiversidade, por iso propoñemos un programa de fidelización para amadriñar unha colmea. Desta forma podes axudar a súa supervivencia e contribuír os gastos de mantemento que require o seu coidado.
Visita a nosa web e non deixes de contactar para pedirnos máis información.